I Torneo Pickleball FGTenis
O sábado día 9 celebrouse no Pavillón Municipal dos Remedios de Ourense o primeiro torneo de Pickleball organizado pola Federación Galega de Tenis.
Este deporte emerxente con tanto éxito noutros países e que xa comezou a implantarse noutras comunidades autónomas tivo esta fin de semana o seu primeiro torneo oficial en Galicia, concretamente na cidade de Ourense, cun total de 38 inscricións nas distintas categorías.
Desenvolvemento do torneo:
Xogáronse 3 cadros: individual masculino, individual feminino e dobres.
En todos eles houbo unha fase de grupos e posteriormente cadros eliminatorios, polo que os xogadores disputaron partidos ao longo de toda a xornada.
Deportistas de toda Galicia chegaron para disputar este primeiro torneo de Pickleball, que contou coa colaboración da Asociación Galega de Pickleball.
O bo ambiente e a deportividade entre todos os participantes foi a tónica predominante nun torneo que estivo dirixido por Carlos Coira.
Entrega de trofeos:
Na entrega dos trofeos estiveron presentes:
- Xosé Mosquera, presidente da Federación Galega de Tenis.
- Jorge Dulivio, presidente da Asociación de Tenis de Aveiro.
- José Carlos Otero, presidente da Asociación de Pickleball Galicia.
Cadro de honra:
Absoluto Masculino:
- Campión: Santiago Otero Rodríguez
- Finalista: Rubén Araujo Vázquez
Absoluto feminino:
- Campioa: Consuelo Domínguez Munaiz
- Finalista: Alicia González Franco
Absoluto Dobres:
- Campiones: Ignacio Garrido Carrera e Francisco Yáñez Brea
- Finalistas: Santiago Otero Rodríguez e Miguel Anxo Rodríguez Piñeiro