I Open Cidade de Ourense (Circuíto Nacionais)
Esta fin de semana disputáronse nas pistas do Club Santo Domingo os partidos finais do I Open Cidade de Ourense, onde Iago Domínguez, favorito do torneo, impuxo o seu xogo sobrio e seguro para alzarse co trofeo de campión.
Nas semifinais, Iago derrotou ao asturiano Diego Blanco Goytia por 6-3 e 6-1, nun partido cun resultado contundente pero moi traballado. Nos momentos cruciais, Iago soubo sufrir e facer unha lectura táctica do encontro que finalmente lle deu un posto na final.
Na parte baixa do cadro, Borja Fernández, favorito número 2, enfrontouse a Martín Domínguez, sendo o resultado 6-3 6-3 para o primeiro nun partido moi desdibuxado polos numerosos erros non forzados de Martín, que nunca puxo en perigo a vitoria dun práctico Borja Fernández.
Na gran final, Iago derrotou a un combativo Borja por 6-3 e 6-1, xogando con eficacia e solidez, minimizando os seus erros e provocando os do seu rival, que intentou forzar para reducir a distancia no marcador, pero nunca foi capaz de inquietar a vitoria de Domínguez.
Prensa:
- La Voz: Comienza el primer Open Cidade de Ourense masculino de tenis
- Faro de Vigo – Talento nacional en el I Open Cidade de Ourense
- Concello de Ourense: El I Open Ciudad de Ourense reúne a nuevos talentos del tenis nacional masculino hasta el domingo
- La Región – Open Cidade de Ourense de Tenis
- Ourense.com – El Club Santo Domingo acoge este domingo el I Open de Tenis Masculino Cidade de Ourense
- La Región – Jóvenes talentos en pista
- La Voz: Iago Domínguez y Borja Fernández se disputan el Open de Ourense
- La Voz: Iago Domínguez se lleva el cetro del Open Cidade de Ourense
- Faro de Vigo – Iago Domínguez gana el Abierto de Ourense