Rematou o Master Babolat 2020
A pasada fin de semana finalizou o Master Babolat 2020 despois de ter que ser aprazado debido ás restricións derivadas do COVID-19.
Resultados:
- Na categoría alevín masculino, Álvaro Soneira, do RC Náutico de Vigo, gañou por 6 / 4-6 / 2 a Álex Candamio, xogador do Sp. Club Casino Coruña.
- En alevín feminino, foi outra xogadora do RC Náutico de Vigo a que se fixo co título, Carlota Souto, despois de vencer a Noa Pena, do Club de Tenis Coruña, por 7 / 5-6 / 0.
- Na categoría infantil masculina, o gañador foi Izan Díaz, de URECA, que superou por 7 / 5-6 / 1 ao xogador do R. Club de Tenis Coruña Pablo Martínez-Reboredo.
- En infantil feminino, Clara Arambillet do Sp. Club Casino Coruña gañou a Carlota Cota, do Club de Tenis Coruña por un dobre 6/1.
- Na categoría cadete masculina, Ander Tarrío, xogador do Club Family Los Tilos, gañou o 6 / 1-6 / 0 a Rodrigo Pérez, do URECA.
- No cadete feminino, a xogadora do Sp. Club Casino Coruña, Clara Arambillet fixo dobrete despois de vencer no último 6 / 1-6 / 2 a Aranai Martínez, de URECA.
- En junior masculino disputaron a final dous xogadores lucenses compañeiros no R. Club de Tenis Coruña, vencendo Dani García a Noel Villarabide por 7/6(3)-6/3
Nas entregas de trofeos estiveron presentes:
- José Mosquera, Gabriel Fernández, Juan José Medín e Luis Ogea.
Dende a Federación Galega de Tenis felicitamos a todos os participantes deste Babolat Master 2020, e agradecemos aos clubs organizadores a súa colaboración na celebración deste evento: Sp. Club Casino Coruña, RSD Hípica de La Coruña e Escuela de Tenis Marineda.
A primeira proba do novo circuíto GALICIA HEAD TOUR 2021 xa está aberta para inscricións (ata o 19 de marzo) e celebrarase do 26 ao 11 de abril nos 3 clubs:
- Club de Tenis de Pontevedra: Campionato Galego Júnior.
- Mercantil e Ind. De Pontevedra: Campionato Galego Infantil e Torneo Galicia Head Tour Cadete.
- Club de Tenis El Rial: Torneo Galicia Head Tour Alevín.






































































































