Fase final Campionatos Galegos por Equipos de Veteran@s

Infórmase a todos os equipos de que a fase final dos seguintes campionatos xa está publicada na aplicación:
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos +60 masculino.
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos +45 masculino.
Información importante:
  • As xornadas están relacionadas coa ronda da fase final. Isto afecta ás posibilidades de subir a algún xogador ao equipo superior.
  • O prazo para incluír novos/as xogadores/as nos equipos remata o 25/04/2022.

O calendario previsto é o seguinte:

Veteranos+60 masculino: 

  • División de Honra e Primeira División:
    • Cuartos (30/04/2022 - 1/05/2022)
    • Semifinal (14/15-05/2022)
    • Final (28/29-05/2022), salvo que os equipos teñan xogadores que participen no Campionato de España de Veteranos.

Veteranos +45 masculino: 

  • División de Honra
    • Cuartos (30/04/2022 - 1/05/2022)
    • Semifinais (14-15/05/2022)
    • Final (28/29-05/2022), salvo que os equipos teñan xogadores que participen no Campionato de España de Veteranos.
  • Resto divisións
    • Oitavos (30/04/2022 – 1/05/2022)
    • Cuartos (14-15/05/2022)
    • Semifinais (28/29-05/2022) salvo que os equipos teñan xogadores que participen no Campionato de España de Veteranos.
    • Final (11-12/06/2022) Salvo participación en Cto de España por Comunidades Autónomas de Veteranos.
Veteranas +35 Feminino: 
  • Está previsto comezar a fase final a fin de semana do 30/04/2022, pero aínda queda un partido aprazado que terá que disputarse a fin de semana do 23/24-04/2022, polo que o luns 25/04/2022 publicaranse os cadros da fase final. 
Comité de Competición
Federación Galega de Tenis

Comparte