Fase final Campionatos Galegos por Equipos 2023

Infórmase a todos os equipos de que a fase final dos seguintes campionatos xa está publicada na aplicación:
  • Campionato Galego de Equipos Absolutos Masculinos e Femininos.
  • Campionato Galego de Equipos Benxamín Masculino e Feminino.
  • Campionato Galego Alevín Masculino por Equipos.
  • Campionato Galego de Seleccións Infantil Masculino e Feminino.
  • Campionato Galego de Equipos Junior Masculino e Feminino.
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos + 35 Feminino.
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos + 45 Masculino.
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos + 60 Masculino.
Información importante:
  • As xornadas están relacionadas coa ronda da fase final. Isto afecta ás posibilidades de subir a algún xogador ao equipo superior.
  • O prazo para incluír novos/as xogadores/as nos equipos remata o 14/04/2023.
  • Na categoría Alevín Feminino, a fase de liga remata o 7/05. A fase final comezará o 20-21/05.
  • A fase de descenso da División Ouro Absoluto seguirá a programación da División Prata.
Achégase a previsión do calendario por categorías.

Comparte