Morre Fernando López Dobalo

Por desgraza onte deixounos unha gran persoa e un gran profesional, unha figura clave no desenvolvemento do tenis galego.

A súa carreira profesional estivo vinculada ao C.C. Mercantil e Ind. de Vigo, durante o período de maior esplendor e no que acadou os seus mellores resultados. Lembro a participación no Campionato de España Absoluto feminino coa presenza das irmás Souto e Marisa Sánchez Vicario, os torneos do sport, o título do campionato galego absoluto por equipos e a figura de Fernando foi fundamental.

Pero sobre todo, a influencia dun bo profesional e sobre todo dunha gran persoa está na memoria e no agarimo que deixa nos seus alumnos, e así o demostran un grupo de antigos alumnos e amigos que se uniron para animar e acompañar a Fernando na súa loita contra a enfermidade, un grupo do que me sinto orgulloso de formar parte.

Durante esta etapa da súa vida quixo darnos unha última lección coa súa actitude cara á vida, grazas por todo, botarémosche de menos Fernando. D.E.P.

Marco A. Casal

Comparte