Cargando eventos

«Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Campionato Galego de Pickleball 2025

26 Abril 2025 - 27 Abril 2025

A Federación Galega de Tenis abre as inscricións para o Campionato Galego de Pickleball, terceira proba do Circuíto Lintel Head de Pickleball.

Esta competición celebrarase en Vilagarcía de Arousa os días 26 e 27 de abril, utilizando o Parque da Xunqueira (localización) e as instalacións de Fexdega (localización).

Categorías e horarios

Sábado 26/04/2025 (a partir das 10:00 h.) - Categorías absolutas

  • Dobres Absoluto Masculino
  • Dobres Absoluto Feminino
  • Dobres Absoluto Mixto
  • Individual Absoluto Masculino
  • Individual Absoluto Feminino

Domingo 27/04/2025 (a partir das 10:00 h.) - Categorías Veteranos +50 e Sub 14

  • Dobres Veteranos +50 Masculino
  • Dobres Veteranos +50 Feminino
  • Dobres Veteranos +50 Mixto
  • Dobres Sub 14 Unisex
  • Individual Veteranos +50 Masculino
  • Individual Veteranos +50 Feminino
  • Individual Sub 14 Unisex

Non hai restricións no número de categorías nas que un xogador pode inscribirse.
As competicións individuais xogaran ao al final de cada xornada.

Inscrición

As inscricións pódense realizar a través da seguinte ligazón: Inscricións aquí

Premios

Os campións de cada categoría recibirán, entre outros premios, un vale de compra para canxear no Centro Comercial Arousa .

Material

Non é necesario que os xogadores teñan a súa propia pala, xa que a organización as facilitará durante a competición.

Invitación

Animamos a todos os interesados ​​a acudir a Vilagarcía de Arousa os días 26 e 27 de abril para gozar deste apaixonante deporte.

Comparte

Detalles

Comenza:
26 Abril 2025
Remata:
27 Abril 2025
Categorías de eventos:
,
Web:
https://www.ibertenis.com/tenis/torneos/1350/

Outro

Fin de inscrición
23/04/2025

Detalles

Comenza:
26 Abril 2025
Remata:
27 Abril 2025
Categorías de eventos:
,
Web:
https://www.ibertenis.com/tenis/torneos/1350/

Outro

Fin de inscrición
23/04/2025