Escola Galega do Deporte: «Xornada gratuíta de actualización antidopaxe»

Publicamos a información que nos envía a Escola Galega do Deporte sobre a “Xornada gratuíta de actualización antidopaxe” o 25 de maio de 16:30 a 19:30 horas.

«A xornada estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Comisión Española para a Loita Antidopaxe no Deporte (CELAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).

Enfocada a coñecer os cambios máis significativos de aplicación da nova lei da dopaxe, os contidos a desenvolver, tal e como se achega no cartel adxunto serán: valores e xogo limpo, conceptos xerais e aspectos psicolóxicos da dopaxe.

Asemade, contarase coa presenza dunha persoa deportista galega de alto nivel e un representante da Garda Civil.

Para a inscrición e matriculación:

  1. REXISTRO: Entrar na Aula virtual da Escola Galega do Deporte (Si é a túa primeira vez nesta aula deberás crear unha conta)
  2. INSCRICIÓN NA XORNADA: Debaixo da descripción do curso no apartado de: Automatriculación (Alumno). Introducir a chave de matrícula: dopaxe2022. A data de matrícula remata ás 23.55 h. do domingo 22 de maio de 2022.
  3. LIGAZÓN Á VIDEOCONFERENCIA: O día anterior ao inicio da xornada enviarase as indicacións para acceder en liña á videoconferencia.

Calquera dúbida no mail: escolagagadodeporte@xunta.gal ou nos teléfonos 881996367, 881996365, 881996362.»

Comparte