O Real Club de Tenis Coruña acollerá o V ITF MT100 Oleiros – A Coruña do 9 ao 12 de xullo de 2026
O Real Club de Tenis Coruña acollerá o V ITF MT100 Oleiros – A Coruña, unha nova cita no circuíto internacional de tenis veterano que reunirá xogadores e xogadoras dende a categoría +30 nas modalidades individual e dobres.
O torneo, incluído no calendario do ITF World Tennis Masters Tour, xogarase nas pistas do club coruñés do 9 ao 12 de xullo de 2026.
A inscrición xa está aberta (ata o martes 30 de xuño) coas seguintes taxas:
Individuais e dobres: 40 € + 10 € IPIN
Só dobres: 25 € + 10 € IPIN
Os socios do club terán un desconto de 10 €.

