O mundo do tenis chora pola pérdida de Manolo Santana

O pasado sábado faleceu Manolo Santana, gran impulsor do Tenis en Galicia e España.

En Galicia gañou o Concurso Internacional de Vigo en 1958 e 1960 e tamén foi un dos fundadores do Real Club de Tenis Coruña.

Presidente de Honra do Mutua Madrid Open, despois de ser o seu director dende 2002, Santana foi un dos deportistas máis importantes da España do século XX, consolidándose como pioneiro ao conseguir catro títulos de Grand Slam (Roland Garros 1961, 1964; Wimbledon 1966; Aberto dos Estados Unidos 1965) entre outras grandes conquistas dentro dun lendario historial.

A capela ardente instalarase este luns de 12:00 a 20:00 horas na pista central da Caja Mágica, que leva o seu nome.

Quen o desexe poderá acudir a despedirse do tenista, sendo posible o acceso á Caixa Mágica a través das entradas do Camiño de Perales e Embajadores.

Comparte