O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Federación Galega de Tenis
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse onte na Delegación territorial co presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera.
O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do tenis na provincia ourensá.
Pola súa banda, Manuel Pardo animouno a continuar co gran traballo dos últimos anos, a seguir coa promoción e crecemento do tenis galego.