Desconto na compra de entradas da Copa Davis para federados/as

Temos o pracer de comunicarvos que os titulares da licenza federativa gozarán dun 10% de desconto na compra de entradas e abonos para a Final da Copa Davis en Valencia e Málaga, grazas ao convenio asinado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) coa Federación Internacional de Tenis (ITF) e a empresa Tennium.

O desconto aplicarase tanto en sesións individuais como en abonos, cun máximo de 4 entradas/abonos por federado/a, tanto para a fase de grupos de Valencia como para a Final 8 de Málaga.

As entradas deben adquirirse a través do portal oficial www.copadavis.com. Unha vez seleccionadas as localizacións, fai clic no banner "Tes un código promocional?" e introduza o número de licenza como "Código de desconto".

A Selección Española de Tenis MAPFRE competirá no Grupo C que se disputará no Pavelló Municipal Font de Sant Lluís de Valencia, do 12 ao 17 de setembro. O equipo dirixido por David Ferrer enfrontarase o día 13 á República Checa, o día 15 a Serbia e o día 17 a Corea do Sur, sempre a partir das 15 horas.

Os dous primeiros clasificados disputarán a Final 8 polo título en Málaga do 21 ao 26 de novembro.

Comparte