Cursos de Instrutor de Pickleball Setembro
A FGTenis pon en marcha unha programación de cursos de instrutor de pickleball por toda Galicia co obxectivo de achegar o máximo posible a formación ao alumno.
O número mínimo de alumnos por sede será de 10. Se hai menos alumnos, poderán acceder a calquera outra zona.
O curso consta de unha formación en liña (10 horas) e de unha formación presencial (10 horas).
O custo do curso será de 150€.
As datas previstas para a organización do curso son:*
- Formación en liña (a partir do 16 de setembro)
- Formación presencial:
- A Coruña: 20-21/09/2025
- Vigo: 4-5/10/2025
- Lugo 18-19/10/2025
- Orense 1-2/11/2025
Condicións mínimas:
- Licenza federativa activa. (Para os que obteñan a súa licenza por primeira vez, terán 2 inscricións gratuítas no circuíto Lintel Head Tour de Pickleball. (1ª o 2ª proba).
- Ter polo menos 16 anos.
Data límite de inscrición: 15/09/2025.
*Algunhas datas poden sufrir cambios en función da dispoñibilidade das instalacións ou do profesorado.
*No caso de cubrirse todas as prazas, os criterios de acceso serán por orde de inscrición.

