Cancelouse o curso práctico sobre dinámica de grupos en tenis

O curso práctico de dinámica de grupos en tenis CANCÉLASE debido á falta de inscricións.

Este curso estará dirixido fundamentalmente a desenvolver habilidades docentes para dinamizar grupos a través dun xogo real.

Explicaranse os conceptos técnicos básicos.

A formación é práctica polo que é necesario que o alumno poida participar nas sesións.

O curso é totalmente gratuíto e impartirase o sábado 3/07/2021 a partir das 16:00 horas e o domingo 4/07/2021 na Escola de Tenis Canabal por Ronald Álvarez Montero.

É imprescindible para inscribirse no curso ter licenza federativa.

O prazo para enviar as inscricións remata o mércores 30 de xuño de 2021.

O número de prazas é de 20 e os alumnos que estean matriculados no curso de técnico de nivel 1 terán reservada unha praza que deberán confirmar antes do 30/06/2021.

O resto de prazas serán por orde de inscrición.

Este curso gravarase e os estudantes terán que dar a súa autorización para o uso das devanditas gravacións audiovisuais.

Comparte