Corresponsables 2023

A Federación Galega de Tenis en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade abre o prazo de preinscrición para o Plan de Corresponsables 2023.

Este plan baséase en ofrecer actividades de tenis gratuítas a menores de 16 anos de toda Galicia.

O prazo de inscrición comeza o día 21/07/2023 e terán os seguintes prazos de inscrición:

  • Agosto: mércores 26/07/2023 ás 12:00 h.
  • Setembro: martes 15/08/2023.
  • Outubro: venres 15/09/2023.
  • Novembro: domingo 15/10/2023.

En cada prazo de inscrición formaranse os grupos para todo o período de actividade que vai de agosto a novembro.

En cada peche de inscrición completaranse os grupos coas prazas dispoñibles.

É importante subliñar que o mero feito de cubrir o formulario non implica a aceptación do alumno na actividade. A participación no grupo confirmarase mediante o envío dun correo electrónico onde se indicarán os días, horarios e adestrador responsable.

O acceso a esta formación gratuíta está aberto a todos, pero terán acceso prioritario os seguintes grupos:

  • Familias monomarentales e monoparentales.
  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Mulleres desempregadas de longa duración.
  • Familias con cargas relacionadas co coidado.

Nos enlaces pódese consultar o catálogo de actividades de cada unha das provincias. Estes catálogos de actividades actualizaranse ao longo de todo o proceso con novas incorporacións ou actualizacións de actividades.

Catálogo de actividades, organizadas por Provincias:

As ofertas poderán ir actualizando a medida que avance o plan, incorporando outras novas ou modificando as publicadas.

Documentación do programa do Plan Corresponsable.

Comparte