Copa Xunta de Galicia de Pickleball 2025

O recinto feiral de IFEVI acolleu o 19 de xullo, a Copa Xunta de Galicia de Pickleball 2025, un evento que reuniu a ducias de deportistas federados nunha intensa xornada de competición organizada pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Xunta de Galicia e diversas entidades do sector deportivo.

A competición, que se desenvolveu durante un só día, incluíu probas individuais, dobres e dobres mixtos en diversas divisións e categorías, destacando a gran participación e a variedade de perfís, desde veteranos ata novas promesas.

No campionato individual masculino, Manuel Fernández Docampo coroouse campión tras derrotar na final a Manuel Expósito Fernández, mentres que Roberto Reissmann Pereira quedou terceiro. Na segunda división impúxose Pablo Durán García, seguido de Manuel Guerpe e Luis Herránz Mata.

Na competición individual feminina, Iria Sampedro Araujo levou o título, con Andrea Guede Estévez completando o podio como subcampioa e Raquel Guede Estévez en terceiro lugar.

Na categoría de dobres masculino, o dúo formado por Óscar Filgueiras López e Manuel Fernández Docampo levouse a vitoria ao vencer na final a Hugo Nogueira Rodríguez e Mateo Moreno Sampedro, mentres que Francisco Yáñez Brea e Rafael Pazos García quedaron terceiros. Na segunda división impuxéronse Adrián Romarís Cambeiro e Rubén Seijo Val, acompañados no podio polas parellas Camiña/García e Couso/Ferreiro.

O dobres feminino absoluto gañouno Raquel e Andrea Guede Estévez, seguidas de Calvo/Taboada e Sestelo/Sampedro. Na segunda división impuxéronse Sara Yáñez Maceira e Alba Beceiro Matilla, por diante de Vieites/Jeréz e Fernández/Pazos.

En dobres mixtos, Mateo Moreno Sampedro e Iria Sampedro Araujo levaron o ouro, por diante de Rafael e María del Pilar Pazos García, e Manuel Expósito Fernández e Claudia Calvo Couselo. Na segunda división venceron José Mosquera Casero e Elsa Corral Hidalgo, segundos Couto e Vieites e terceiros Seijo e Abeijón.

Tamén se celebrou a proba de dobres +50, onde os vencedores foron Luis Herránz Mata e José Carlos Diéguez Constenla, con Fernández/ Rodríguez e Moreno/Domínguez completando o podio.

A Copa Xunta concluíu cunha cerimonia de entrega de premios que recoñeceu con medallas aos campións, finalistas e terceiros clasificados. Unha xornada que confirmou o auxe do pickleball en Galicia e o compromiso institucional co seu desenvolvemento como deporte emerxente no panorama federado galego.

Resultado Xogadores
Campión absoluto individual masculino Manuel Fernández Docampo
Finalista absoluto individual masculino Manuel Expósito Fernández
Terceiro Absoluto Individual Masculino Roberto Reissmamn Pereira
Campión Absoluto Individual masculino 2ª división Pablo Durán García
Finalista Absoluto Individual masculino 2ª división Manuel Guerpe
Terceiro Absoluto Individual masculino 2ª división Luís Herránz Mata
Campioa Absoluto Individual feminino Iria Sampedro Araujo
Finalista Absoluto Individual feminino Andrea Guede Estévez
Terceira Absoluto Individual feminino Raquel Guede Estévez
Campións Dobres Veteranos +50 Luis Herránz Mata / Jose Carlos Diéguez Constenla
Finalistas Dobres Veteranos +50 Fernando Fernández Seijo / Isidro Rodríguez Millán
Terceiro Dobres Veteranos +50 Javier Moreno Cid / Jorge Juan Domínguez Fernández
Campións Dobres Absoluto masculino Oscar Filgueiras López / Manuel Fernández Docampo
Finalistas Dobles Absoluto masculino Hugo Nogueira Rodríguez / Mateo Moreno Sampedro
Terceiros Dobres Absoluto masculino Francisco Yáñez Brea / Rafael Pazos García
Campións Dobres Absoluto masculino 2ª Adrián Romarís Cambeiro / Rubén Seijo Val
Finalistas Dobres Absoluto masculino 2ª Nicolás Camiña Rey / Luca García Pena
Terceiros Dobres Absoluto masculino 2ª Jose Couso Castro / Xacobe Ferreiro García
Campioas Dobres Absoluto feminino Raquel Guede Estévez / Andrea Guede Estévez
Finalistas Dobres Absoluto Feminino Claudia Calvo Couselo / Irene Lin Taboada Choren
Terceiras Dobres Absoluto feminino Rafaela Sestelo Fernández / Iria Sampedro Araujo
Campioas Dobres Absoluto feminino 2ª Sara Yáñez Maceira / Alba Beceiro Matilla
Finalistas Dobres Absoluto feminino 2ª María Vieites / Elda Jeréz
Terceiras Dobres Absoluto feminino 2ª Mara Fernández Docampo / Maria del Pilar Pazos García
Campións Dores Absoluto mixto Mateo Moreno Sampedro / Iria Sampedro Araujo
Finalistas Dobres Absoluto mixto Rafael Pazos García / Maria del Pilar Pazos García
Terceiro Dobres Absolutos Mixtos Manuel Expósito Fernández / Claudia Calvo Couselo
Campións Dobres Absoluto mixto 2ª Jose Mosquera Casero / Elsa Corral Hidalgo
Finalistas Dobres absolutos mixtos 2º Jose Couto Castro / Maria Vieites Louro
Terceiros Dobres Absolutos Mixtos 2º Rubén Seijo Val / Alba Abeijón Santamaría

Comparte