Coordinación Galicia Head Tour e Competición por Equipos

Esta fin de semana (27/28-01/2024) comeza a 1ª Proba Galicia Head Tour Alevín e Cadete, Campionato Galego Infantil e Júnior 2024, polo que aqueles equipos nos que algún dos seus xogadores estea implicado en ambas competicións e necesiten cambiar o día do partido deberán enviar a solicitude o antes posible, indicando o seguinte:

  • Categoría.
  • División
  • Grupo.
  • Modificación do horario do encontro da competición por equipos.
  • Xogadores/as implicados/as.

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 25/01/2024 ás 12:00 horas.

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.

Comité de competición.

Comparte