Coordinación Competición por Equipos e 1a proba do Galicia Head Tour

Esta fin de semana (29/30-01/2022) celébrase a 1a xornada do Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que un dos/as seus/suas xogadores/as estea implicado/a en ambas competicións e precise cambiar de xornada, deberán enviar a solicitude. canto antes, indicando o seguinte:
  • Categoría:
  • División:
  • Grupo:
  • Modificación do calendario do encontro da competición por equipos:
  • Xogadores/as implicados/as:

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 27/01/2022 ás 10:00 horas.

Xa están publicados os sorteos do GHT e a orde de xogo desta fin de semana.

Recordamos os criterios para modificar os horarios publicados para a coordinación do GHT e do Campionato Galego por Equipos:

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.

Comité de competición.

Comparte