Coordinación da competición por equipos co Galicia Head Tour

Esta fin de semana (27-28 / 03/2021) comeza o Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que algún dos seus xogadores estea involucrado en ambas competicións e necesite cambiar o día do partido deben enviar a solicitude o antes posible , indicando o seguinte:
  • Categoría.
  • División
  • Grupo.
  • Modificación do horario do encontro da competición por equipos.
  • Xogadores/as implicados/as.

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 25/03/2021 ás 12:00 horas.

Ao longo de hoxe martes 23/03/2021 publicarase a orde de xogo do GHT.

Recordamos os criterios para modificar os horarios publicados para a coordinación do GHT e do Campionato Galego por Equipos:

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.

Comparte