Coordinación do Circuíto Galicia Head Tour coa competición por equipos

Esta fin de semana (23/24-04/2022) comeza a 3ª proba do Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que un dos/as seus/suas xogadores/as estea implicado/a en ambas competicións e necesite cambiar o día do partido, deberán enviar a solicitude canto antes, indicando o seguinte:
  • Categoría:
  • División:
  • Grupo:
  • Modificación do calendario do encontro da competición por equipos:
  • Xogadores/as implicados/as:

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 21/04/2022 ás 12:00 horas.

Recordamos os criterios para modificar os horarios publicados para a coordinación do GHT e do Campionato Galego por Equipos:

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.
Estes cambios de data serán posibles sempre que na programación de encontros da fin de semana non existan encontros aprazados. Para situacións especiais, deberán enviar un correo electrónico ao comité de competición cunha proposta de coordinación a valorar.

Comparte