Coordinación do Campionato Galego por Equipos e 3ª proba Galicia Head Tour.

Esta fin de semana (6-7/05/2023) comeza a 3ª Proba do Torneo Galicia Head Tour infantil, junior e benxamín, polo que aqueles equipos nos que algún dos seus xogadores estea implicado en ambas competicións e necesiten cambiar a xornada da competición, debes enviar a solicitude canto antes, indicando o seguinte:

  • Categoría.
  • División
  • Grupo.
  • Modificación do horario do encontro da competición por equipos.
  • Xogadores/as implicados/as.

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 04/05/2023 ás 12:00 horas.

A orde de xogo do Galicia Head Tour publicarase hoxe mércores 03/05/2023

Lembrámosvos os criterios de modificación de horarios que se publicaron para a coordinación do Galicia Head Tour e do Campionato Galego de Equipos:

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.
Comité de competición.
Comparte