Coordinación do Campionato Galego por Equipos e 2ª proba Galicia Head Tour.

Esta fin de semana (03-05/03/2023) comeza a II Proba do Torneo Galicia Head Tour infantil e júnior, polo que aqueles equipos nos que algún dos seus xogadores estea implicado en ambas competicións e necesiten cambiar o día do partido, deberá enviar a solicitude canto antes, indicando o seguinte:
  • Categoría.
  • División
  • Grupo.
  • Modificación do horario do encontro da competición por equipos.
  • Xogadores/as implicados/as.

O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 02/03/2023 ás 12:00 horas.

Ao longo do día de hoxe, martes 28/02/2023, publicarase a orde de xogo do Galicia Head Tour.

Lembrámosvos os criterios de modificación de horarios que se publicaron para a coordinación do Galicia Head Tour e do Campionato Galego de Equipos:

As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:

  • O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
  • O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
  • O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.
Comité de competición.

Comparte