Coordinación da II Proba Galicia Head Tour coa competición por equipos
Esta fin de semana (12/13-03/2022) celébrase a 2a xornada do Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que un dos/as seus/suas xogadores/as estea implicado/a en ambas competicións e precise cambiar de xornada, deberán enviar a solicitude. canto antes, indicando o seguinte:
- Categoría:
- División:
- Grupo:
- Modificación do calendario do encontro da competición por equipos:
- Xogadores/as implicados/as:
O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 10/03/2022 ás 10:00 horas.
Xa están publicados os sorteos do GHT e a orde de xogo desta fin de semana.
Recordamos os criterios para modificar os horarios publicados para a coordinación do GHT e do Campionato Galego por Equipos:
As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:
- O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
- O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
- O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
- O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.
Comité de competición.