Convocatoria Reunión en liña 28/11/2024 – Calendario 2025 – Competición por equipos
A Federación Galega de Tenis convida a todos os clubs de Galicia a participar nunha reunión en liña.
Para ter acceso á reunión deberán confirmar a sua participación cubrindo o seguinte formulario.
Adiantamos a orde do día:
- Proposta de modificación Competición por Equipos Absoluto Feminino .
- Proposta de Calendario 2025.
- Recollida de propostas:
- Establécese un prazo ata o 20/11/2024 para o envío de propostas ou asuntos a tratar na reunión.
- Estas propostas deberán enviarse cubrindo o seguinte formulario.
Validarase e engadirase á orde do día para que todos os participantes poidan opinar.
- O acceso e toda a documentación enviaranse a partir do 21/11 para a súa análise aos clubs participantes.
Para que esta reunión sexa produtiva, establécense as seguintes normas de funcionamento:
- Cada club terá dereito a unha intervención e unha réplica.
- Para falar, terás que solicitar quenda no chat da reunión.
- Establecerase unha duración máxima de 1,5 horas.
Data: 28/11/2024
Horario: 11:00 a 12:30.