Convocatoria reunión Asemblea Xeral da Federación Galega de Tenis - 02/04/2022

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o sábado 2 de abril de 2022 no salón de actos da Real Federación Galega de Fútbol, ​​(Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4 de Santiago de Compostela) ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda, segundo o seguinte

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da reunión anterior.
  2. Liquidación e aprobación das contas anuais de 2021.
  3. Memoria de actividade 2021.
  4. Informes do Presidente
  5. Rogos e preguntas

Ao finalizar a mesma, iniciarase a reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Tenis de conformidade co sinalado no DECRETO 171/2021, do 23 de decembro, polo que se establecen as bases para a elaboración do regulamento e realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, co seguinte

ORDE DO DÍA (Asemblea Xeral Extraordinaria):

  1. Aprobación do regulamento e calendario electoral para a elección a membros da Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis no ano 2022 (copia deste documento).
  2. Delegación, se é o caso, pola Asemblea Xeral na Xunta Directiva da facultade para aprobar e efectuar as modificacións do regulamento electoral que lle sean indicadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen necesidade de novo sometemento á aprobación da Asemblea Xeral. (Segundo o citado decreto no que se establecen os criterios para a elaboración dos regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas).
  3. Designación dos membros da Xunta Electoral (nota explicativa sobre a composición da xunta electoral, a designación dos seus membros e as súas funcións).

Comparte