Convocatoria Reunión Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Tenis - 02/04/2022

De conformidade co disposto no DECRETO 171/2021, do 23 de decembro, polo que se establecen as bases para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, convócase unha Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o sábado 2 de abril de 2022 ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda, no salón de actos da Real Federación Española de Fútbol, ​​no Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4 de Santiago de Compostela, e que se desenvolverá co seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación do regulamento e calendario electoral para a elección a membros da Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis no ano 2022 (copia deste documento).
  2. Delegación, se é o caso, pola Asemblea Xeral na Xunta Directiva da facultade para aprobar e efectuar as modificacións do regulamento electoral que lle sean indicadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen necesidade de novo sometemento á aprobación da Asemblea Xeral. (Segundo o citado decreto no que se establecen os criterios para a elaboración dos regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas).
  3. Designación dos membros da Xunta Electoral (nota explicativa sobre a composición da xunta electoral, a designación dos seus membros e as súas funcións).

En Vigo, a 18 de marzo de 2022

Como chegar ao Estadio Multiusos de San Lázaro

Comparte