Convocatoria Preinscrición Curso de Técnico de Nivel 1
Publicamos a convocatoria para a preinscrición no Curso de Técnico de Nivel 1.
O curso de nivel técnico consta dos seguintes bloques:
Bloque común, impartido por SAFE formación.
Características:
- A formación en liña comeza o 31/10/2025 e remata o 12/12/2025.
- Exame presencial o 13 de decembro de 2025, na Avenida Bos Aires nº 40, planta baixa, de Ourense. Horario: 11:00 h.
- Documentación (na ligazón á noticia se tes que descargar os documentos necesarios)
-
- Fotocopia DNI
- Certificado orixinal ou compulsa da ESO ou estudos equivalentes.
- Certificado orixinal ou compulsa de Superación da proba de aceso.
- Anexos (autorización paterna se hai menores de idade); recollida de datos do alumnado; matrícula. (Estes anexos deben presentarse para formalizar a matrícula)
- Prezo: 180 € para grupos de entre 11 a 25, para grupos de entre 5 a 10 190€
Bloque Específico, impartido pola Federación Galega de Tenis.
Características:
- A formación en liña comezará en decembro de 2025 (o alumnado poderá conectarse en calquera momento)
- Formación presencial a partir de xaneiro de 2025
- Carga horaria: 65 horas
- A localización e os horarios definitivos decidiranse en función do número de alumnos inscritos.
Bloque de prácticas:
Xestionado pola Federación Galega de Tenis en colaboración con clubs e técnicos titulados.
Carga horaria: 150 horas.
A data límite para enviar as preinscricións é o 15 de setembro de 2025.
O pago do curso farase unha vez confirmada a praza.
O custo do Bloque Específico e do Bloque de Prácticas é de 600 €.
Ata que se confirme a formación dos grupos, non se require ningún pago.

