Convocatoria Oficial Curso Técnico Nivel 1
A Federación Galega de Tenis convoca un novo curso de adestrador Nivel 1, coas seguintes características:
Importante: enviouse un email aos alumnos que fixeron a preinscrición a información co procedemento para formalizar a súa praza).
As prazas vacantes restantes poderán ser cubertas por alumnos novos. A continuación podes atopar toda a información relacionada coa formalización da matrícula para o Curso de Técnico de Nivel 1.
Calendario e estrutura do curso
Bloque común (impartido por SAFE Formación)
- Modalidade: Online
- Datas: del 31/10/2025 al 12/12/2025
- Exame presencial: 13/12/2025 ás 12:00 h. na Avenida Buenos Aires nº40 baixo, Ourense.
Documentación necesaria (descargar desde a ligazón da noticia):
- Matrícula (documentos anexos)
- Fotocopia do DNI.
- Certificado orixinal ou compulsa da ESO (ou estudos equivalentes).
- Certificado orixinal ou compulsa de superación da proba de acceso.
- Anexos: autorización dos pais (menores de idade), recollida de datos do alumnado, matrícula.
Estes anexos son imprescindibles para formalizar a inscrición. - Esta documentación debe enviarse por correo ordinario ao seguinte enderezo: C/Fotógrafo Luis Ksado 17 oficina 1, 36209 Vigo.
Custo: 180 €
Bloque específico (impartido pola Federación Galega de Tenis)
- Modalidade: En liña a partir de decembro de 2025 (os alumnos poderán conectarse en calquera momento).
- Formación presencial:
Modalidade presencial. Calendario:
- 16/2/26 (9:00-14:00) – Real Aeroclub Santiago
- 17/2/26 (9:00-14:00) – Real Aeroclub Santiago
- 30/3/26 (9:00 - 14:00 ) – Escuela de Tenis Marineda / Círculo Mercantil de Vigo- Ureca
- 31/3/26 (9:00 - 14:00 ) – Escuela de Tenis Marineda / Círculo Mercantil de Vigo- Ureca
- 1/4/26 (9:00 - 14:00 ) – Escuela de Tenis Marineda / Círculo Mercantil de Vigo- Ureca
- 10/5/26 (15:30 - 20:30 ) – Escuela de Tenis Marineda / Círculo Mercantil de Vigo- Ureca
- 11/5/26 (9:00 - 14:00 ) – Escuela de Tenis Marineda / Círculo Mercantil de Vigo- Ureca
As dúas primeiras sesións celebraranse conxuntamente en Santiago. Despois, as sesións celebraranse en dúas zonas: a norte (Marineda) e a sur (que podería ser no Círculo Mercantil de Vigo ou en Ureca).
Este calendario pode ser modificado se é necesario.
Custo: 600 €
Bloque de Prácticas
- Xestionado pola Federación Galega de Tenis en colaboración con clubs e adestradores titulados.
- Carga horaria: 150 horas.
Formalización da inscrición
Pago do Bloque Común
- Importe: 180 €
- Data límite: 15/10/2025
- Transferencia a: ES83 2080 5527 0530 4000 0936
- Concepto: Nome e apelidos + Bloque común
Pago do Bloque Específico + Prácticas
- Importe total: 600 €
- Transferencia a: ES83 2080 5527 0530 4000 0936
- Concepto: Nome e apelidos + Bloque específico
Opcións de pagamento Bloque Específico
- Pago único: 600 € (15/10/2025).
- Pago fraccionado:
- 300 € (15/10/2025)
- 300 € (15/12/2025)

