Convocatoria LIGATe Competición por Equipos de Base 2026

Xa está aberta a inscrición para a LIGATe 2026: O tenis de base máis formativo e social.

A Federación Galega de Tenis lanza a nova competición por equipos LiGaTe, unha liga deseñada especificamente para introducir os xogadores máis novos na competición dun xeito divertido, equilibrado e sen presión.

Que fai que o LiGaTe sexa especial? A diferenza doutros torneos, a LiGaTe prioriza os aspectos formativos e sociais. Os xornadas teñen unha duración controlada de 2 horas e rematan sempre cun "Terceiro Tempo", un espazo de convivencia onde as familias e xogadores comparten un petisco para reforzar os valores do deporte.

Puntos clave para os clubs:

  • Categorías Vermello, laranxa e verde (adaptado por idade e nivel de ranking).
  • Equipos MixtosFomento da igualdade desde a base.
  • Participación RealO sistema de rotación garante que todos os nenos xoguen, evitando desprazamentos en balde.
  • Inscrición económicaSó 50€ por equipo, con bolas de competición incluídas pola FGTenis.

Datas importantes:

Inscribe os teus equipos e forma parte da competición de base máis forte de Galicia!

É importante consultar o regulamento para comprender a competición.

Comparte