Convocatoria Curso de Instrutor

A FGTenis pon en marcha un calendario de cursos de Instrutor en toda Galicia co obxectivo de achegar o máximo posible a formación ao alumno.

O curso consta de formación en liña (10 horas) e de formación presencial (10 horas).

O custo do curso será de 100€. Este custo será reembolsado ao 100% para aqueles alumnos que realicen posteriormente o curso de Técnico de Nivel 1 (formación académica regrada). Tamén poderán validar as 20 horas dentro do bloque de prácticas do curso de nivel 1.

As datas previstas para a organización do curso son:

  1. Clases presenciais os días 21 e 22 de xuño.*
  2. Clases online 19 de xuño.
  3. A formación a distancia dende o 19, de xuño.

O número de horas do curso é de 20.

Condicións mínimas:

  • Licenza federativa 2023 activa.
  • Ter polo menos 16 anos.
  • Data límite de inscrición: 9/06/2023

Para formalizar a inscrición debes cubrir o seguinte formulario:
Inscrición Curso de instrutor

Unha vez confirmadas as inscricións, porémonos en contacto co alumnado para comezar o curso.

Para máis información consultar a Guía do alumno do curso de instrutor.

Comparte