Convocatoria Campionatos Galegos de Equipos Veteranos 2021

Infórmase aos clubs galegos de que está aberto o prazo de inscrición nos seguintes Campionatos Galegos de Equipos Veteranos:

  • Veteranas +35 feminino
  • Veteranos +45 masculino
  • * Veteranos +60 masculino
  • * Veteranos +65 masculino.
O prazo para inscribirse remata o 02/01/2021 ás 23:30 horas.
A competición comezará o 16/01/2021 para os veteranos masculinos +60.
O resto das categorías comezarán o 23/01/2021.
Importante: Na asemblea do 19/12/2020 someteranse a votación as seguintes propostas:
  • Modificación da puntuación nos sistemas 5-2, outorgando un punto extra gañando os dous dobres nas fases previas. Nas fases finais esta regra non se aplicaría.
As inscricións realizaranse a través da aplicación da federación galega de tenis. Podes acceder a través do link: http://oficina.fgtenis.net/
Para máis información consulte os regulamentos específicos da competición:
 O comité de competición.

Comparte