Convocatoria Campionatos Galegos por Equipos Xuvenís 2021

Infórmase aos clubs galegos de que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes Campionatos Galegos por equipos xuvenís:

  • Benxamín masculino e feminino.
  • Alevín masculino e feminino.
  • Infantil masculino e feminino.
  • Junior masculino e feminino.
O prazo para inscribirse remata o 02/01/2021 ás 23:30 horas.
A competición comezará o 16/01/2021 para as categorías Benxamín e Infantil.
Por outra banda, as categorías Alevín e Junior comezarán o 23/01/2021.
Estas categorías coordinaranse no calendario de forma secuencial.
As inscricións realizaranse a través da aplicación da federación galega de tenis. Podes acceder a el a través da ligazón: http://oficina.fgtenis.net/
Para máis información consulte os regulamentos específicos da competición:
 O comité de competición.

Comparte