Convocatoria Campionatos Galegos por Equipos 2025
- Benxamín masculino e feminino.
- Alevín masculino e feminino.
- Infantil masculino e feminino.
- Junior masculino e feminino.
- Absoluto masculino e feminino.
- Veteranas + 35 feminino.
- Veteranos +45 masculino.
- Veteranas +50 feminino.
- Veteranos +60 masculino.
- Veteranos +65 masculino.
A data límite para para o rexistro do equipo na aplicación é o 23 de decembro de 2024, e a inscrición será definitiva.
Establécese como data límite para a inclusión de xogadores, o período entre a finalización da fase previa e o inicio da fase final. Os equipos poderán meter aos xogadores ata o 10/01/2025 ás 14:00 a partir dese momento deberán solicitalo á Federación.
Non se admitirá ningunha inscrición que inclúa xogadores sen licenza de tenis en vigor. As solicitudes de novas licenzas, xunto co seu pagamento, tramitaranse a través da aplicación da Federación Galega de Tenis; En caso contrario, non se considerarán válidas e non poderán participar na competición.
A competición comezará a fin de semana do 11 de xaneiro de 2025 e rematará o 15 de xuño de 2025.
A programación e coordinación das categorías seguirá os mesmos criterios que anos anteriores con periodicidade quincenal.
A pelota oficial de todos os Campionatos Galegos de Equipos 2025 será HEAD e será de obrigatorio cumprimento.
En cada convocatoria aparece información específica sobre a categoría é importante consultala para comprender a competición.
O regulamento específico actualizarase antes do inicio da competición tendo en conta os equipos inscritos e os acordos adoptados na Asemblea.
Comité de Competición