Convocatoria Campionato Galego por Equipos Cadetes 2021

Rematou o prazo de inscrición para participar no Campionato Galego por equipos cadete 2021 masculino e feminino.

Unha vez feita a inscrición do equipo, será definitiva. Os equipos poderán renovar as licenzas desde 1 de SetembroPolo tanto, a inclusión dos xogadores no equipo non será posible ata ese momento. Para os equipos que queiran participar directamente na División de Honra da categoría, deberán inscribir os 4 xogadores masculinos e as 3 xogadoras femininas mellor clasificados antes do 13/09/2021 coas licenzas xa renovadas.

O prazo para a inclusión de xogadores establécese como o período comprendido entre o final da fase preliminar e o inicio da fase final.

O comité de competición.

Comparte