Convocatoria Campionato Galego por Equipos Absolutos 2021

Infórmase aos clubs galegos de que se abre o prazo de inscrición no Campionato Galego por Equipos Absolutos 2021.

O prazo para inscribirse remata o 02/01/2021 ás 23:30 horas.
A competición comezará o 16/01/2021.
Importante: na asemblea do 19/12/2020 someteranse a votación as seguintes propostas:
  • Modificación do número de partidos na división de ouro a 5 individuais + 2 dobres.
  • Modificación da puntuación nos sistemas 5-2, outorgando un punto extra gañando os dous dobres nas fases previas. Nas fases finais esta regra non se aplicaría.
As inscricións realizaranse a través da aplicación da federación galega de tenis. Podes acceder a través do link: http://oficina.fgtenis.net/
Para máis información consulte os regulamentos específicos da competición: Regulamentos específicos
 O comité de competición.
Comparte