Convocatoria Campionato Galego por Equipos Absolutos Pickleball 2026

Xa está aberta a inscrición para o Campionato Galego de Pickleball por Equipos 2026.

O Comité de Competición da Federación Galega de Pickleball anuncia a apertura oficial do prazo de inscrición para o Campionato Galego de Pickleball por Equipos 2026, unha das competicións autonómicas de referencia do calendario galego.

A competición disputarase en formato concentracións, de acordo co Regulamento Básico dos Campionatos de Pickleball por Equipos de Galicia, e reunirá equipos de toda a comunidade nun sistema dinámico e atractivo.

Formato da competición

  • Ligas por concentración.
  • Grupos de 4 equipos (ou 3 se fora necesario).
  • Asignación por proximidade xeográfica.
  • Fase inicial e posterior fase polo título e fase de consolación.

Cada enfrentamento constará de 5 partidos:

  • Dobres femininos
  • Dobres masculino
  • Individual feminino
  • Individual masculino
  • Dobres mixtos

Os partidos xogaranse ao mellor de 3 xogos a 11 puntos, cunha diferenza de 2 e unha bola de ouro no 13-13.

Composición dos equipos

  • Mínimo 5 xogadores/as inscritos.
  • Obrigatorio incluír polo menos 2 homes e 2 mulleres.
  • Todos os xogadores deben ter licenza federativa en vigor.
  • Cada equipo debe designar un/ha capitán/a.
  • Os xogadores poden participar con outro club*
  • Os xogadores independentes poderán formar un equipo*

Inscricións

As inscricións deben facerse a través da plataforma oficial da Federación, para os clubs afiliados.

Os xogadores independentes que desexen formar un equipo deben rexistrarse a través de formulario.

Data límite de inscrición: 9/03/2026

Prezo por equipo: 90€, cun desconto do 30% para os clubs sede.

Unha vez pechado o prazo, publicarase o calendario definitivo e a composición dos grupos.

Todos os equipos deben rexistrarse na categoría Inscripción, e o comité, en función dos equipos inscritos, deseñará a competición tendo en conta a proximidade.

Unha competición en crecemento

O Campionato Galego por Equipos continúa a consolidarse como unha das citas clave do pickleball galego, promovendo a participación mixta, o espírito de equipo e a convivencia entre clubs nun formato concentrado e atractivo.

A Federación anima a todos os clubs e xogadores a formar parte desta nova edición.

Para calquera dúbida ou aclaración, póñase en contacto co Comité de Competición.

*Consultar o regulamento e a convocatoria. 

Comparte