Convocatoria Asemblea Xeral - Federación Galega de Tenis 18/12/2021

Por orden do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión de Asemblea Xeral, o próximo sábado, 18 de decembro ás 16:00 horas en primeira convocatoria e 16:30 horas en segunda no salón de actos do Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4 de Santiago de Compostela (actual sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago)

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da reunión anterior.
  2. Aprobación do orzamento de ingresos e gastos 2022
  3. Tarifas para o ano 2022.
  4. Autorización ao presidente para solicitar pólizas de crédito por un valor máximo do 10% do orzamento.
  5. Modificación Regulamento de Licenzas a petición de Secretaria Xeral para O Deporte.
  6. Calendario de competición do 2022.
  7. Modificacións ao Regulamentos de Competicións.
  8. Informes do Presidente.
  9. Rogos e preguntas.

Comparte