Concentración anual U-14

Como cada ano nestas datas, a Federación Galega de Tenis organiza unha concentración na que están convocados xogadores sub-14. Celebrarase os días 3 e 4 de xaneiro nas instalacións do Real Aero Club de Santiago.

Os xogadores convocados deberán confirmar a súa asistencia canto antes, ben por correo electrónico a info@fgtenis.net, ben por teléfono no 986 212982, e sempre antes do venres 29 de decembro do 2006.

Esta actividade forma parte do proxecto de modernización da Federación Galega, co obxectivo principal de seleccionar xogadores para adestramentos semanais de tecnificación sub-14. Esta selección faise despois das visitas realizadas por D. Cayetano Burrieza polos distintos clubs de Galicia, nas que selecciona aos xogadores destacados dentro da súa categoría. Este ano cambiouse o sistema organizativo para facer a actividade máis áxil e funcional.

Comparte