Comunicado – Sedes Satélite Galicia Head Tour

A Federación Galega de Tenis quere agradecer a todos os clubs o seu interese e a presentación de solicitudes para a organización das probas satélites do Circuíto Galicia Head Tour.

Tras a análise das propostas recibidas e de acordo cos criterios establecidos nos pliegos de condicións —avaliando aspectos como a calidade das instalacións, a oferta técnica, a tradición do torneo, a distribución xeográfica e o encaixe no calendario— designáronse as seguintes sedes:

• Primeiro Torneo Satélite
C.T. Redes + Club de Campo de Ferrol
Do 3 ao 12 de xullo

• Segundo Torneo Satélite
Mercantil de Pontevedra
Do 8 ao 16 de agosto.

A escolla responde a un criterio de equilibrio territorial, con presenza nas zonas norte e sur, así como a unha axeitada estruturación do calendario competitivo, evitando a saturación de probas no mes de xullo e favorecendo a continuidade da competición durante o verán.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os clubs que presentaron as súas solicitudes. A alta calidade das propostas recibidas demostrou o compromiso e a capacidade organizativa dos clubs galegos.

Animámolos a todos a seguir participando en futuras convocatorias, nos que esperamos contar unha vez máis co seu interese e colaboración para o desenvolvemento do circuíto.

Comparte