Clara Arambillet subcampioa en el TTK Warrios de Salamanca

Do 1 ao 7 de agosto celebrouse o TTK Warrios Tour no Club Bejar de Salamanca

Alevín Feminino (fase final)
Màire Grace Ryan Pías perdeu na primeira volta do cadro final contra Marina Genova Gocheva por 6-0 6-1

Infantil Feminino (Fase final)
Emma Baliña Rodríguez chegou ás semifinais vencendo a Ana de Simon Lorenzo na primeira volta por 6-1 6-1, en cuartos a Lucia Garcia Cortes por 7-6(2) 6-2, nas semifinais non logrou pasar á final tras perder fronte a Ainara Fernández Sánchez, cabeza de serie #1 por 6-3 6-2.

Cadete Feminino (fase final)
A xogadora Clara Arambillet Martínez logrou chegar á final tras vencer a Ainara Casado por 6-1 6-0 na primeira volta, a Blanca Losada Morales 6-4 6-0 en cuartos, e a Adriana Tirado Marín nas semifinais por 6-1 6- 2, na final non puido vencer a Virginia Madueño Pita e perdeu por 6-3 6-4

Na categoría masculina, estes son os resultados dos galegos:

Infantil Masculino (fase previa)
Jaime Espino Sevilla pasou á fase final tras vencer na fase previa a Rodrigo Saenz Castilla por 6-0 6-0 e a Rodrigo Arronte Merino por 6-1 e 6-1 nos cuartos de final.

Alex Candamio Barral non tivo a mesma sorte e estivo a piques de acceder á fase final tras vencer a Alejandro Sánchez Fernández por 6-3 6-2 e perder en cuartos ante Evan Galea por 6-1 6-2.
O seu compañeiro do Sporting Club Casino Coruña, Jorge Bandin Candamio perdeu na primeira volta ante Alejandro Chamorro por 6-2 e 6-1. Jorge tampouco conseguiu o pase á fase final na categoría cadete, tras perder ante Alejandro Chamorro 6-2 6-1

Alevin masculino (fase final)
O xogador galego Javier Orge Cruz perdeu na primeira volta por 6-1 6-1 ante Sergio Martínez Vázquez.

Infantil Masculino (fase final)
O xogador Nico Bellas chegou aos cuartos de final tras vencer a Pablo Prieto por 6-2 3-6 6-2 na segunda volta, nos cuartos ante Omar Lorenzo, Nico retirouse cando o resultado foi ao seu favor 6-1 2-1.

Os xogadores Jaime Espino Sevilla e Gabriel Arambillet non lograron gañar a primeira volta e quedaron fóra do cadro.

Comparte