Circuíto Benxamín FGTenis 2026
O Circuíto Benxamín comeza en 2026, con 4 probas, unha cada mes, de abril a xullo, e está destinado a nenos e nenas nacidos en 2016, 2017 ou que xa teñan 8 anos antes do inicio do torneo.
O formato do xogo ten tres características a destacar:
- Cada torneo xógase durante unha única fin de semana para minimizar os desprazamentos. (Basicamente, xogarase o sábado e o domingo).
- Ten unha primeira fase de grupos para garantir que cada neno xogue polo menos 3-4 partidos.
- Despois desa fase de grupos, pasan a xogar un cadro de segunda fase no que se agrupan por niveis (segundo os resultados obtidos na fase anterior).
Nota: O campionato galego celebrarase cun cadro eliminatorio, igualando o formato ao resto dos campionatos galegos.
É, polo tanto, un circuíto formativo, no que prima a participación por riba do resultado, onde o importante será que os nenos e nenas que se inician na competición pasen unhas xornadas divertidos xogando ao tenis e coñecendo xogadores doutros clubs, dándolle valor á vertente social do deporte.
Xa está aberta a inscrición para a primeira proba, que se celebrará no Club de Campo de Vigo do 17 ao 19 de abril.
O calendario do circuíto elaborouse a partir das propostas recibidas dos clubs e é o seguinte:

