Celia Cerviño finalista de dobres do Internacional Vitoria-Gasteiz

Celia Cerviño segue sumando puntos no seu ranking internacional. Nesta ocasión logrou ser finalista de dobres no Torneo W60 de Vitoria.

Celia formou parella con Olivia Nicholls (GBR), unha xogadora coa que xa quedou subcampioa de dobres no Internacional Santa Margarita de Montbui.
Celia e Olivia eliminaron en semifinais ás favoritas do cadro Na-Lae Han (KOR) e Akiko Omae (JPN) 3-6 6-4 [16-14].
Na final perderon 6-3 6-3 fronte Olicia Gadecki (AUS) e Rebeka Masarova (ESP).

Celia tamén participou na modalidade individual. Superou a previa ao vencer 6-0 6-1 a Carlota Molina e 6-2 a Olivia Gram (DEN) 6-2. Alba Carrillo Marín (ESP) eliminouna cun resultado de 6-4 6-1 na primeira rolda do cadro principal.

¡Noraboa Celia!