Celia Cerviño finalista no cadro de parellas do W25 de Leiria

A xogadora galega Celia Cerviño continúa a súa boa serie de resultados. Esta vez conseguiu, xunto coa italiana Angelica Moratelli, ser finalista no cadro de dobres do Torneo Internacional Feminino de Leiria.

Eliminaron a Urszula Nebelska (POL) / Milla Sequeira (SUI) 6-0 6-2 e ás segundas favoritas Lizette Cabrera (AUS) / Kyoka Okamura (JPN) 6-4 7-6 (5). En semifinais as súas rivais Hiroko Kuwata (JPN) / Sophia Whittle (Estados Unidos) fixeron WO. Na final cederon ante Carolina, Alves (BRA) / Anastasia, Tikhonova (RUS) cun resultado de 6-4 6-4.

Na proba individual, Celia superou á previa ao vencer a Urszula Nebelska (POL) cun resultado de 6-1 6-0. Despois, no cadro principal, eliminou a sua primeira rival, a xogadora portuguesa con WC Sofía Pinto, cun marcador de 6-4 6-1. Na segunda rolda, non conseguiu vencer á xogadora francesa Jessika Ponchet (FRA), cabeza de serie número 4, o resultado 6-1 7-5.

¡Noraboa Celia!

Comparte