Dobre título para Celia Cerviño no Lousada Indoor Open II

Gran semana para a xogadora galega Celia Cerviño Ruíz que conseguiu ser campioa de dobres e finalista individual no Lousada Indoor Open II de Portugal.

No cadro principal Celia chegou á final tras derrotar á suíza Alina Granwehr por 6-4 5-7 6-1 na primeira rolda, á portuguesa Mariana Campino 6-0 6-2 na segunda rolda, á rusa Tatiana Barkova por 6-3. 6-2 en cuartos e finalmente á terceira cabeza de serie, a eslovena, Ziva Falkner por 6-2 3-6 6-0 nas semis.

Na final cedeu ante a italiana Angelica Moratelli, o resultado 6-3 1-6 7-6 (11) amosa o disputado que estivo o título.

No cadro de dobres conseguiu facerse co título de campioa formando parella coa portuguesa Matilde Jorge. Gañaron ás rusas Tatiana Barkova e Dariia Monakhova (RUS) cun resultado de 4-6 6-3 [10-8] e despois, en semifinais, eliminaron por 6-4 6-2 a Elizabeth Jurna (EST) e Sapfo Sakellaridi (GRE).

Na final non deron opcións as suas rivais Jasmijn Gimbrer (NED) / Alicia Smith (AUS) e levaron o título tras endosarlles un 6-1 6-4.

¡Noraboa Celia!

Comparte