Acta Xunta Electoral 10/10/2022: Acta Sorteo Membros Mesa Electoral

A Xunta Electoral lembra que non é posible a representación de persoas físicas na Asemblea Xeral Constitutiva (14/10/22) e, que as entidades deportivas só poden estar representadas pola persoa que exerce a presidencia ou aquela autorizada polos Estatutos da Entidade. Neste caso, a persoa representante debe levar consigo un documento que acredite a válida representación (o artigo dos estatutos que o autoriza ou o certificado da inscrición do Rexistro de entidades deportivas e deportistas de Galicia en que figuren os representantes legais da entidade). Non é suficiente unha representación asinada pola presidencia.

Convocatoria da Asemblea Xeral da Federación Galega de Tenis - 02/04/2022

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o sábado 2 de abril de 2022 no salón de actos da Real Federación Galega de Fútbol, ​​(Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4 de Santiago de Compostela) ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda, segundo o seguinte