
Período extraordinario de inscrición Campionato Galego Júnior feminino de dobres
Tras a petición de varias parellas para a creación do cadro de parellas femenino do Campionato Galego Júnior, imos abrir un prazo extraordinario de inscrición para as parellas que queiran inscribirse.

Coordinación da competición por equipos co Galicia Head Tour
Esta fin de semana (27-28 / 03/2021) comeza o Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que un dos seus xogadores/as estea involucrado/a en ambas competicións e necesite cambiar o día do partido deberán enviar a solicitude canto antes.

Rematou o Master Babolat 2020
A pasada fin de semana finalizou o Master Babolat 2020 despois de ter que ser aprazado debido ás restricións derivadas do COVID-19.
