Campionato Galego de Tenis Praia 2024 de categorías +30, +40 e sub-18

O domingo 9 de xuño tivo lugar na praia de Sada o campionato galego de tenis praia nas categorías veteranos +30 masculino e feminino, veteranos +40 masculino, e sub-18 masculino.

Bo ambiente e día nubrado resultando campioas de veteranos +30 Eva Ducet e Lidia Martín de forma contundente, cedendo só 2 xogos.

Tamén foi clara a vitoria de Nicolás Mosquera e Martín Domínguez na categoría sub-18, mentres que nas categorías de veteranos +30 e +40 masculino houbo máis igualdade e partidos máis longos, con Adrián García e Alejandro Pose gañando nos +30 veteranos e Ángel Fantova e Diego Negreira en veteranos +40.

A xornada pechouse coa entrega de trofeos, que correu a cargo do Ilmo. Alcalde de Sada Benito Pórtela acompañado de Begoña Romera.

Crónica de Consuelo Domínguez

Comparte