Campionato Galego de Veteran@s 2025

O Campionato Galego de Veteranos 2025 concluíu no Real Aero Club de Santiago (do 29 de agosto ao 7 de setembro).

Crónica:

Participación récord, con máis de 200 inscricións e un total de 24 categorías en xogo.

O Campionato Galego de Veteranos 2025 celebrouse un ano máis nas instalacións do Real Aero Club de Santiago, e a edición deste ano bateu récords de participación e de número de categorías en xogo.

Un total de 24 categorías (15 individuais e 9 dobres) aseguraron que cada día de competición estivese cheo de encontros, nivel e emoción. Por primeira vez, ofreceuse a categoría de veteranos +30, sendo os primeiros campións galegos da historia Rubén Caldas e Alicia Seijas. Ademais deles, destacaron nomes como os de Bruno Otero, Alfonso Santos e Paula García Tenorio, os tres bicampións en categoría individual.

A competición contou co patrocinio de Turismo e a colaboración de BonJamón Salamanca, habitual nas competicións nacionais e internacionais de tenis, que ofreceu diversas degustacións dos seus exquisitos produtos.

Lista de campións e campioas:

Cadro de Honra Dobres

Dobres +30 Masculino:

  • Subcampións: Javier Alegre – Rafael Fernández
  • Campións: Miguel Sánchez Fernández – Rubén Caldas Iglesias

Dobres + 30 Feminino:

  • Subcampioas: Margarita Outón – Sandra López Guisado
  • Campioas: Alicia Seijas – Mª Victoria Fernández Calero

Dobres +40 Mixto:

  • Subcampión/oa: Simon Fariñas-Ferro – Monica Carballo
  • Campión/oa: Margarita Outon Argibay – Jorge González Álvarez

Dobres +45 Masculino:

  • Subcampións: Pablo Vara – Javier Rodríguez
  • Campións: Antón Diaz Longa – Armando Aniorte Miguel

Dobres +50 Masculino:

  • Subcampións: Luis Hernández – Andrés Riveiro
  • Campións: Iván Lima Vázquez – Luis J Ordieres Canal

Dobres +50 Feminino:

  • Subcampioas: Olga Fernández – Teresa Castro
  • Campioas: María Sicre Romero – Ana M. González Llanos

Dobres +50 Mixto:

  • Subcampión/oa: Jesús Del Castillo – Susana Marcos Ramos
  • Campión/oa: Teresa Castro Jorreto – Juan M. Martínez Mateos

Dobres +55 Masculino:

  • Subcampións: Gustavo Álvarez Gambini – Juan Manuel Martínez Mateos
  • Campións: Fernando Placer Manzanaro – José Manuel Gómez Gómez

Dobres +60 Masculino:

  • Subcampións: Juan José Mesejo – José Mosquera
  • Campións: Fernando Pablos Benavides – José M. Fantova Rodríguez

Cadro de Honra Individuais

Individual +30 Masculino:

  • Subcampión: Miguel Sánchez Fernández
  • Campión: Rubén Caldas Iglesias

Individual +30 Feminino:

  • Subcampioa: Mónica Gil Solano
  • Campioa: Alicia Seijas Cali

Individual +35 Masculino:

  • Subcampión: Sergio Leiro Oubiña
  • Campión: Alfonso Santos Blanco

Individual +40 Masculino:

  • Subcampión: David Novoa Rodríguez
  • Campión: Alfonso Santos Blanco

Individual +45 Masculino:

  • Subcampión: David Novoa Rodríguez
  • Campeón: José César Vilasánchez López

Individual +45 Feminino:

  • Subcampioa: Margarita Outón Argibay
  • Campioa: Paula García Tenorio

Individual +50 Masculino:

  • Subcampión: Juan Manuel Camiña Fernández
  • Campión: Pablo Vara Fiaño

Individual +50 Feminino:

  • Subcampioa: María Sicre Romero
  • Campioa Paula García Tenorio

Individual +55 Masculino:

  • Subcampión: David Suárez Fábregas
  • Campión: Luís Ordieres Canal

Individual +55 Feminino:

  • Subcampioa: Ana Rosa González Iglesias
  • Campioa: Olga Fernández Castiñeira

Individual +60 Masculino:

  • Subcampión: Joaquín Silva González
  • Campión: Bruno Otero Afonso

Individual +60 Feminino:

  • Subcampioa: Clemen Abalde Comesaña
  • Campioa Lucía Casalderrey Pérez

Individual +65 Masculino:

  • Subcampión: Joaquín Silva González
  • Campión: Bruno Otero Afonso

Individual +70 Masculino:

  • Subcampión: Antonio Prado Sineiro
  • Campión: Nilo Rubén Pérez Calo

Individual +75 Masculino:

  • Subcampión: Antonio Cuña Movilla
  • Campión: Eugenio Domínguez Carrera

Comparte