Campionato Galego de Pickleball 2025

O Campionato Galego de Pickleball 2025 concluíu cunha edición inesquecible que consolida o crecemento imparable deste deporte en Galicia. Celebrado no Parque da Xunqueira e no recinto Fexdega de Vilagarcía de Arousa, o torneo reuniu a xogadores de todas as idades e niveis, ofrecendo un espectáculo deportivo cheo de emoción, compromiso e calidade.

Un dos principais protagonistas foi Juan Pablo Tarazona Ochoa, que gañou os títulos de campión absoluto individual masculino e campión absoluto de dobres masculino, xunto a Diego Tarazona Ochoa, así como un terceiro posto en dobres mixtos 2º.

No cadro feminino, Iria Sampedro Araujo brillou con forza, gañando o campionato individual feminino e o campionato de dobres feminino xunto a Rafaela Sestelo Fernández, que tamén rematou subcampioa no campionato de dobres mixtos 2ª.

Mención especial para Asís Garrido Guerrero, protagonista indiscutible do torneo con tres títulos: individual unisex sub-14, dobres unisex sub-14 (con Lucas Faraldo Taboada) e dobres absolutos mixtos (con Sabela Uriz Corral). Completou a súa extraordinaria actuación cun terceiro posto no dobres masculino, xunto a Asís Garrido Hernández. O seu rendemento, tanto nas categorías xuvenís como absolutas, deixa claro que é un dos xogadores máis prometedores do pickleball galego.

Na categoría VET50, Ignacio Garrido Carrera dominou por completo, conseguindo un triplo histórico: campión individual masculino VET50, campión do dobres masculino de VET50 (con Emilio Carballés Sande) e campión de dobres mixtos de VET50 (con Begoña Pereira Martínez). A súa experiencia e nivel competitivo foron inapelables durante todo o torneo.

Na proba VET50 feminina, Adriana González Ferro coroouse campioa individual e tamén acabou subcampioa nos dobres mixtos do VET50, o que confirma a súa calidade e compromiso nesta categoría.

Entre as novas xeracións, Jesús Varela Lorenzo conseguiu dous subcampionatos: no individual sub-14 e no dobres sub-14 xunto a Mateo García de los Reyes Rey-Cabarcos, consolidándose como un dos novos talentos do circuíto.

Esta edición tamén destacou polo seu compromiso coa sustentabilidade. Grazas a unha iniciativa da Federación Galega de Tenis, reduciuse o uso de plástico ao proporcionar botellas reutilizables aos participantes, fomentando hábitos máis responsables dentro do deporte.

Finalmente, os organizadores queren expresar o seu agradecemento especial aos patrocinadores que fixeron posible este evento: o Concello de Vilagarcía de Arousa, Lintel, Head e o Centro Comercial Arousa. O seu apoio foi clave para o éxito deste campionato.

O Campionato Galego de Pickleball de 2025 demostrou que este deporte chegou para quedar, cunha comunidade cada vez máis forte e comprometida e un futuro ilusionante.

Grazas a todos os participantes e parabéns aos campións! Vémonos na próxima edición.

Campionato Galego de Pickleball, Cuadro de Honra

Categoría Campións Finalistas 3º Clasificado
Dobres Absoluto Masculino Juan Pablo Tarazona Ochoa

Diego Tarazona Ochoa

Santiago Otero Rodríguez

Rubén García Rodríguez

Asís Garrido Guerrero

Asís Garrido Hernández

Dobres Absoluto Masculino 2º Óscar Faraldo Mayo

Valentín Bintescu

Mateo Moreno Sampedro

Fco Javier Moreno Cid

Alexandre Monagas

Óscar Villar Sancosmed

Dobres Absoluto Feminino Rafaela Sestelo Fernández

Iria Sampedro Araujo

Sabela Uriz Corral

Noelia Lorenzo Rodríguez

Tamara Pereiro Choren

Irene Lin Taboada Choren

Dobres Absoluto Mixto Sabela Uríz Corral

Asís Garrido Guerrero

Tamara Pereiro Choren

Manuel Expósito Fernández

Carolina Martínez Vila

Asís Garrido Hernández

Dobres Absoluto Mixto 2ª Irene Lin Taboada Choren

Álvaro Maquieira Arosa

Rafaela Sestelo Fernández

Ignacio Garrido Carrera

Gabriela Ochoa Gutiérrez

Juan Pablo Tarazona Ochoa

Absoluto individual masculino Juan Pablo Tarazona Ochoa Rubén García Rodríguez Francisco Yáñez Brea
Absoluto Individual masculino 2ª Daniel Bas Gómez Alejandro Vázquez Roibás Óscar Filgueiras López
Absoluto Individual feminino Iria Sampedro Araujo Sabela Uriz Corral Carolina Martínez Vila
Dobres Vet50 masculino Emilio Carballes Sande

Ignacio Garrido Carrera

Ricardo González Luís

Isidro Rodríguez Millán

Luís Silva Ponte

Manuel Iglesias Guimeráns

Dobres VET50 Mixto Ignacio Garrido Carrera

Begoña Pereira Martínez

Juan Carlos Tarazona Velutini

Gabriela Ochoa Gutiérrez

José Mosquera Casero

Susana Marcos Ramos

Dobles VET50 2ª Alberto Plágaro Sánchez

María Vieites Louro

Adriana González Ferro

José Carlos Diéguez Constenla

Elda Xérez Noa

Isidro Rodríguez Millán

VET50 individual masculino Ignacio Garrido Carrera Francisco Yáñez Brea Enrique Álvarez Carruébano
VeT50 individual masculino 2ª José Miguel Esperon Chapela Ricardo González Luís Luís Silva Ponte
VET50 individual feminino Adriana González Ferro Gabriela Ochoa Gutiérrez Marina Asensio Moroño
Dobres Sub 14 Unisex Lucas Faraldo Taboada

Asís Garrido Guerrero

Mateo García de los Reyes Rey-Cabarros

Jesús Varela Lorenzo

Rodrigo Álvarez Negreira

Alberto Varela Vieites

Individual Sub 14 Unisex Asís Garrido Guerrero Jesús Varela Lorenzo Martín Alcalá Castromíl

Prensa

Comparte