Resultados da Selección Galega no Campionato de España de Tenis por Equipos Sénior de Comunidades Autónomas

Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis por Equipos Seniors de Comunidades Autónomas no Club Deportivo Font de Sa Cala, Font de Sa Cala (Mallorca). Galicia conseguiu ser finalista nos cadros de consolación masculino e feminino.

Estes/as foron os/as xogadores/as que formaron a selección galega:

Selección Galega Feminina:

  1. Ana Rosa González Iglesias
  2. Clemen Abalde Comesana
  3. Lucía Casalderrey Pérez
  4. Margarita Outon Argibay
  5. María Sicre Romero
  6. Olga Fernández Castiñeiras

Capitana: Margarita Outón. Subcapitana: Lucía Casalderrey.

Selección Galega Masculina:

  1. Bruno Otero Afonso
  2. Gonzalo González González
  3. Nilo Rubén Pérez Calo

Capitán: Bruno Otero Afonso. Subcapitán: Gonzalo González.

Resultados:

A selección galega feminina, tras perder ante as andaluzas na primeira rolda do cadro principal, eliminou ao conxunto navarro por tres vitorias a cero e ás canarias por tres vitorias a dous, na consolación. O título de campioas de consolación levárono as valencianas nun partido moi disputado coas galegas que rematou cun resultado de 3-2 tras un 12-10 no super tie break.

O noso equipo masculino caeu en cuartos de final do cuadro principal ante Aragón cun resultado de 3-2. Nas semifinais do cadro de consolación venceron ao equipo asturiano por tres vitorias a un. Na final perderon ante os madrileños.

¡Parabéns a todos os equipos!

Comparte